займ срочно

Vedra preparase para a BTT da Camelia despois do éxito da Carreira Solidaria Nocturna

0

Vedra, 16 de xaneiro do 2019 – Despois do recente éxito de participación da IV Carreira Solidaria Nocturna. celebrada, o pasado sábado, Vedra prepárase para a BTT da Camelia que chega a súa 9 edición.

Foron mais de 600 persoas as que participaron nas diferentes probas e categorías da Carreira Solidaria da pasada fin de semana. Nin o frío nin os empachos de Nadal foron escusas para participar desta xornada deportiva que converteu a Vedra  en punto de reunión para as persoas afeccionadas ao atletismo e tamén ao sendeirismo e as costumes saudables no tempo de lecer.

A probo recadou máis de 500 kilos de produtos non perecedoiros e un total de 807 euros para as persoas usuarias dos servizos sociais municipais, convertendo esta cita deportiva en todo un éxito e récord de cifras solidarias polas que a organización mostrou o seu agradecemento.

BTT da Camelia polo Val do Ulla

Vedra comezou o ano con esta proba deportiva e xa está en plena organización da seguinte cita co deporte que chegará o 3 de febreiro. Ese día celebrarase a IX Ruta Cicloturística en Btt da Camelia polo Val do Ulla e o V Maratón por Montaña da Camelia, as cales que xa teñen o seu prazo de inscrición aberto en www.galitiming.com

Trátase dunha proba cunha dificultade media. Hai dous itinerarios non competitivos de 42 e 26 kilómetros. A saída e chegada será, como no caso da nocturna, do Pavillón polideportivo de Vedra as 9 e media da mañá. O límite de prazas e de 350 e o custo da inscrición de 10 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies