займ срочно

Vedra acollerá a Selección Galega de Rugby Sub 18

0

Vedra, 4 de outubro do 2018 – O concello de Vedra acollerá  as próximas tres concentracións da Selección Galega de Rugby Sub 18 que se prepara para xogar o campionato de España de Seleccións autonómicas de Rugby XV (CESA XV).

a selección galega de rugby adestrará en vedraA Selección Galega preparase baixo as ordes do adestrador arxentino Ernesto Barboza e de Jos Porto Matogueiras, Director Deportivo  da Federación Galega. As próximas concentracións  terán lugar o 13 de outubro e o 10 e 24 de novembro nos campos de fútbol do Concello de Vedra de O Coto e San Mamed.

A primeira das concentracións, a do 13 de outubro,  farase no campo do Coto en Santa Cruz de Ribadulla das 10 ás 15 h., un adestramento que será de portas abertas para que todos os veciños  interesados poidan achegarse ao campo.

A Federación Galega de Rugby agradece o apoio recibido por parte do Concello de Vedra e do Club Escolas Deportivas de Vedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies