Vedra súmase ao Plan Reactiva da Deputación

0

Vedra, 4 de setembro do 2020 – O concello de Vedra súmase ao Plan Reactiva da Deputación da Coruña e disporá de 77.980,76 euros para autónomos e microempresas para paliar as consecuencias do Covid.

A Deputación aportará o 80% dos fondos, e o Concello ten que aprobar, de ser preciso, unha modificación de crédito para liberar o presuposto restante.

O Plan Reactiva da Deputación intégrase no Plan de Emprego Local, PEL. Está destino aos concellos de menos de 50.000 habitantes. O montante total de este plan é de 10 millóns de euros e supón duplicar o investimento en emprego do pasado exercicio.

As axudas, que van desde os 11.000 euros ata o medio millón, establécense tendo en conta o número de micro pymes e autónomos de cada concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial