займ срочно

Vedra supera as 15.000 raíñas de velutina capturadas

0

Vedra, 16 de xuño do 2018 – As 200 trampas instaladas no concello de Vedra en colaboración coa veciñanza leva xa máis de 15.000 raíñas de velutina capturadas.

A iniciativa tivo como protagonistas as camelias que serviron de gancho para as raíñas. A campaña “unha camelia, unha trampa” comezou a finais de febreiro e logrou capturar na primeira semana mais de 2500 raíñas. As fundadoras saían da hibernación e atraídas pola flor das camelias caían nas trampas

A loita contra a vespa velutina en Vedra levase a cabo dende que hai 3 anos apareceron os primeiros niños e intensificouse durante o ano pasado no que se chegaron a capturar e desactivar case 400 niños primarios e secundarios desta especie invasora que pretende instalarse definitivamente no val do Ulla atraída polo clima tan favorable, a abundancia de auga, froita e masa arbórea.

Raiñas de vespa velutina capturadas en VedraNa campaña de trampeo de primavera, que agora remata, o Concello entregou trampas e líquido atraínte aos veciños cos que capturar as raíñas. Esta práctica repetirase no outono para capturar as fundadoras xa fecundadas antes de comecen a hibernación.

O Concelleiro Enrique Vázquez considera esta campaña un éxito, tanto polo número de vespas capturadas coma pola colaboración veciñal obtida froito da sensibilización con este problema que afecta a todos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies