Visita ao Pazo de Santa Cruz dentro das xornadas da Camelia en Vedra

0

Vedra, 5 de febreiro do 2020 – O concello de Vedra segue presentando actividades dentro das Xornadas arredor da Camelia e abre inscricións para unha visita guiada ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla.

A visita terá lugar o día 8 de febreiro. A duración prevista e de dúas horas e estará coordinada polo botánico Carlos Rodríguez Dacal autor, entre outros, do libro “Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, Patrimonio Verde de Galicia”.

O prezo da visita é de 3 euros e as prazas son limitadas. Máis información no número 981814691.

Pazo de Santa Cruz de RivadullaO Pazo de Santa Cruz foi construído no S XVI polo cóengo da Catedral de Santiago Juan Ibáñez e, posteriormente, o seu sobriño Juan de Mondragón continuou os traballos. O pazo conta entre as súas especies cunha boa cantidade de árbores monumentais como oliveiras, boj, magnolias xigantes, fentos australianos, tulipaneros de Virginia, ombú, carballo piramidal ou palmeiras washingtonia, algúns deles incluídos no catálogo de árbores senlleiras da Xunta de Galicia. Hai que destacar ademais que desde o Pazo prodúcense cada ano máis de 100.000 camelias de 200 variedades distintas,  unha delas exclusiva de aquí e que leva o nome da granxa “Ortigueira”; a maioría desta produción dedícase á exportación.

Para saber máis pódese reler a reportaxe que publicamos no seu día e que tedes en este enlace: http://lindeiros.gal/pazo-rivadulla/ .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial