Vedra vive o Nadal coas asociacións

0

Vedra, 15 de decembro do 2018 – Un ano Máis o concello de Vedra vive o Nadal con actos programados desde o goberno municipal e a colaboración co tecido asociativo do concello.

Festas de Nadal nas escolas

Antes de que os cativos collan vacacións é o momento de que celebren tamén o Nadal cos compañeiros de clase. Despois da festa de este venres pasado, na Casa das Artes de Vedra, a próxima cita será cos cativos do CEIP de Ortigueira, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla, o xoves 20 desde as tres da tarde. Ao día seguinte, venres 21, tócalle a quenda ao CPI de Vedra e ao CRA Boqueixón, que celebrarán as festas en horarios escolar, unha pola mañá e a do colexio rural pola tarde.

Música de Nadal

A música é unha das artes que serven de argumento a distintas propostas nestas datas. O domingo 23, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla, as seis da tarde a Escola de música da parroquia dará o seu concerto de Nadal. Sete días despois, o domingo 30, e no mesmo espazo pero as doce e cuarto do mediodía terá lugar o tradicional concerto da Banda de Música de Santa Cruz.

Cine

As proxeccións forman parte tamén dos programas de ocio de decembro e xaneiro. O 28 de decembro, a partir das cinco da tarde no Centro Social de Vedra, proxectarase Sicíxia, un paseo polo amor e a Costa da Morte coa colaboración da produtora Vía Láctea. Ao día seguinte, no mesmo espazo pero a partir das seis, a película elixida será O espírito do bosque; un home de negocios quere construír unha estrada e unha muller quere aproveitar para que o bosque desapareza, os animais terán que traballar arreo para impedilo.

Teatro

Baobab Teatro

O Nadal de Vedra ten tamén oco para o teatro co espectáculo Puño Puñete de Baobab Teatro. A cita será o 3 de xaneiro no Centro Social de Vedra desde as seis da tarde.

Os Reis Magos

E por suposto a chegada dos Reis Magos será un momento especial para os cativos de Vedra, pero iso será en xaneiro e aínda queda todo o Nadal por disfrutar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial