займ срочно

Vedra celebrou o 25º aniversario das Xornadas arredor da Camelia

0

Vedra, 24 de febreiro do 2020 – Vedra celebrou en Santa Cruz de Ribadulla o vixésimo quinto aniversario das Xornadas arredor da Camelia con nutrida presencia de público e nun día que foi un agasallo de bo tempo.

Xornadas arredor da Camelia en VedraOs visitantes puideron disfrutar dunha magnífica mostra de Camelias e coñecer a flor un pouco mellor, grazas ao túnel “A Camelia cos cinco sentidos”. Tamén puideron escoitar a Esperanza Lema, pregoeira elixida por ser unha das fundadoras das Xornadas e verdadeira impulsora do evento ao longo de estes anos.

Apoio institucional

Xornadas arredor da Camelia en VedraAs Xornadas tiveron un forte apoio institucional coa presenza da Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, o Delegado provincial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, e o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García. A Conselleira agradeceu a invitación e puxo en valor o traballo realizado durante  todo este tempo “alguén tiña que comezar este traballo e o fixo unha muller, non é o mesmo comezar unha promoción hoxe en día que hai 25 anos cando había moitos menos recursos. Grazas a que seguistes co traballo a Xunta poder facer esas rutas da Camelia tan importantes para o turismo nacional e internacional”.

O alcalde, Carlos Martínez Carrillo, agradeceu a presencia das autoridades e destacou o traballo da pregoeira Esperanza Lema, escritora e pintora que foi a impulsora das Xornadas xunto con Maricarmen Nieto, responsable municipal de cultura hai 25 anos e primeira muller en ostentar unha concellería en Vedra.

Esperanza Lema tivo pola súa banda palabras para as mulleres que a acompañaron en estes anos e especialmente para as que a axudaron nas primeiras Xornadas. Lembrou como comezou todo na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón e de que xeito se foron implicando todas as parroquias do concello. Lema tivo tamén palabras para os políticos aos que pediu que seguiran apoiando as Xornadas e á Camelia.

Agasallos con nome propio

Este ano o concello decidiu iniciar unha costume coa intención de que se converta en tradición. En cada Xornada entregaranse agasallos e placas conmemorativas a persoeiros destacados. Este ano, como non podía ser doutro xeito, Esperanza Lema e Maricarmen Nieto foron as elixidas.

Coñecer a Camelia

Ademais da mostra exposición de flores e decoracións feitas con Camelias, e da actuación da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, este ano o concello organizou o túnel “A Camelia cos cinco sentidos”. Ao longo do percorrido os visitantes viron a Camelia doutro xeito, a través dun microscopio; a escoitaron nos versos de poetas como Rosalía ou Lorca; a tocaron a cegas para descubrir as súas texturas; a uliron, nalgunhas das variedades con olor, e a saborearon en marmelada, te ou canapés e pastas feitas a partir dos pétalos da flor.

O túnel foi unha das zonas máis visitadas do recinto. Unha das cousas que máis sorprendeu ao público foron as posibilidades culinarias da planta máis alá do uso tradicional para facer té.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies