4 lectores disfrutarán dos Harlem Globetrotters con Lindeiros

0

Xa temos gañadores! dous dos nosos seguidores en Facebook virán a disfrutar dos Globetrotters o próximo domingo, noraboa!!

 

Compostela, 8 de maio do 2019 – Desde Lindeiros propoñémosche un plan para esta fin de semana, ademais da troita e o melindre pecha a fin de semana disfrutando dos Harlem Globetrotters, o equipo de baloncesto máis mítico da historia de este deporte.

Harlem Globetrotters vs. Washington Generals, Columbia, S.C., 1-12-18

Os Globetrotters levan desde os anos vinte do século pasado dando espectáculo. Comezaron querendo xogar en serio pero eran demasiado bos; no primeiro ano conseguiron 102 vitorias e seis derrotas, no seguinte 145/13 e no 1929 gañan 151 partidos e perden só 13. Vendo o que pasaba, que non atopaban rivais, decidiron crear un espectáculo que mesturara o deporte co humor e o deben facer moi ben porque seguen con el.

A actualidade

Falamos con Luciana Fortes, directora de marketing de Proactive, para saber algo máis do espectáculo que poderemos ver. Comezamos preguntándolle pola responsabilidade de promocionar algo que leva case cen anos en activo

Levar tanto tempo implica que son varias as xeracións que poden disfrutar do show, é sen duda un espectáculo para a familia

HGI vs. WG, 4-6-18

Manter algo así tanto tempo ten as súas dificultades. Como nos explica Luciana a implicación para mellorar cada ano é absoluta

Non se trata só de buscar bos xogadores, teñen que ter a capacidade de divertir, de empatizar con público

Desde o punto de vista comercial Luciana recoñece que promocionar este espectáculo ensina que non se trata só de vender entradas, promocionar este espectáculo humaniza o que fai cada día

Ven con Lindeiros

Temos catro entradas que regalaremos de dúas en dúas. Entra no evento que creamos en Facebook e deixa o teu comentario, podes dicirnos se os coñecías ou falarnos de algunha lembranza que teñas. O xoves pola noite faremos un sorteo e poñerémonos en contacto cos gañadores.

Podes entrar no evento seguindo tamén este código qr

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial