Ventín despediu a Pepe Casas, o conserxe máis popular

0

Ames, 11 de xuño do 2011 – A Festa das Familias é desde hai tempo un dos días sinalados no colexio de Ventín pero este ano tiña un protagonista moi especial, o xa ex conserxe Pepe Casas.

Non é o momento de contar a historia de Pepe Casas porque xa o fixemos no seu día e coa súa propia voz. O que si podemos contar é a homenaxe que o colexio, a comunidade educativa, dedicoulle este sábado.

A iso das sete da tarde e despois dun día de troula chegou o momento de agradecerlle a Pepe Casas todo o traballo realizado polo colexio, moitas veces non valorado.

Todos xuntos diante do improvisado palco escoitaron como se lles entregaban uns pequenos agasallos que reflicten a historia do colexio co conserxe: unha figura que colocar en algún lugar destacado da casa, unha reprodución da portada dunha revista Hola! na que Pepe é o protagonista e un libro coas firmas e comentarios, 1.307, recollidos na plataforma Change.org na campaña posta en marcha polos país para impedir a marcha de Pepe Casas do colexio. 

Despois foi o momento de soltar os globos que subiron o ceo levando o lema, Casas é Ventín,  máis alá do patio. Como remate da festa Pepe Casas facendo de man inocente para sacar os números do sorteo de agasallos que cada ano pecha a Festa das Familias.

Da historia de Pepe Casas e Ventín se poden extraer moitas ensinanzas pero tal vez as máis importantes sexan tres. Que tratar con nenos e conseguir o seu cariño non é algo que se aprenda en ningunha escola ou se consiga cunha oposición. Que cando a xente se une en torno a unha idea pode conseguir o que se propoña. E que os concellos teñen que buscar solucións para as demandas da xente e, por moito que se fale sempre de normativas, sempre hai un xeito de conseguilas.

O novo curso traerá outra persoa para o posto, faría ben en reflexionar sobre o acontecido en este curso si quere conseguir o respeto que Pepe Casas acadou. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial