Verán cheo de actividades en Arzúa

0

Arzúa, 1 de xuño do 2018 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o amplo programa de actividades para este verán que se desenvolverá durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

A programación de verán de Arzúa contempla actuacións musicais, actividades de dinamización nas feiras do 8 e 22, propostas deportivas, novas excursións dentro do programa Coñece o teu país e contacontos ou exposicións. A actividade cultural do mes de xuño arrinca hoxe coa exhibición de danza e zumba na Praza de Galiza às oito e media da tarde ou no Multiusos Terra do Queixo, en caso de mal tempo.

A seguinte proposta será a celebración do festival de fin de curso de O Bringuelo coas demostracións de baile tradicional, percusión, gaita, acordeón, canto e pandeireta o domingo 24 a partir das sete da tarde no Multiusos Terra do Queixo. O xoves 28 Arzúa conmemorará o Día das Diversidades Sexuais en apoio ao colectivo LGTBQI con actividades de sensibilización e reparto de material divulgativo. A Capela da Madanela acollerá a lectura dun manifesto e a actuación musical de Esquío Ensemble a partir das nove do serán. Ás dez da noite proxectarase na Praza de Galiza o filme Nove de Novembro, a primeira cinta galega en galego de temática homosexual. En  caso de mal tempo, todos os actos desta xornada pasarán a celebrarse no Multiusos Terra do Queixo. Por último, para pechar a programación correspondente ao mes de xuño, o sábado 30 terá lugar a primeira excursión do programa Coñece o teu país deste 2018 na que se visitará San Andrés de Teixido e Cedeira. As inscricións para anotarse a esta viaxe abriranse o vindeiro luns, día 18.

A programación de verán continuará nos meses de xullo, agosto e setembro dando continuidade a programas de éxito iniciados en anos anteriores como Arzúa Viva, a exposición Bo Camiño, o ciclo de música na rúa En aberto ou o certame de contacontos Contos na Biblioteca. Ademais, este ano, poñeranse en marcha novos proxectos co fin de ampliar e mellorar a oferta cultural celebrando, por exemplo, a primeira edición de Arte na rúa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies