Frades, 9 de xullo do 2019 – O verán chega cheo de actividades para a veciñanza de Frades que poderá acudir a praia, disfrutar cine ao aire libre ou incluso acudir a un parque de atraccións.
O concello de Frades preparou un conxunto de actividades para todos os públicos co fin de que no tempo de lecer teña este verán sempre algo que facer. Os xoves será día de praia e os autobuses acudirán a Boiro ou a praias de similares características. No concello poderase reservar praza dunha semana para outra ou incluso todo o mes.
actividades veran frades 2019 Excursións
Pero desde Frades os veciños tamén terán a oportunidade de acudir a coñecer a ruta dos muiños e o dolmen de Dombate o domingo 21 de xullo. O 26 de xullo será o día de ir ao Aqua Park de Cerceda. Ao día seguinte, o 27, hai unha interesante saída ao parque Magikland en Espiñeira, Portugal.
Xa no mes de agosto a primeira saía será o día 10 a coñecer Viveiro, en Lugo. O 28 de setembro farase unha ruta de sendeirismo en Asturias, na coñecida como a senda do Oso. E para os que queiran unha viaxe máis lonxe do 18 ao 22 de setembro poderán visitar Lourdes, Andorra e Zaragoza.
Outras actividades
Pero o verán terá tamén días dedicados como o do Neno o sábado 13 de xullo. A Festa da Auga o 18 de agosto ou o da bicicleta o día 31 de ese mesmo mes.
Tamén proxectarase ao longo de todo o verán películas ao aire libre, “Coco” “Pérez o ratiño” ou “Petter Rabbit” serán algunhas delas.
O deporte terá o seu protagonismo co campionato de fútbol sete interparroquial ou o campionato de Padel.
En definitiva unha chea de actividades ata o mes de setembro que podedes ir consultando na web do concello ou descargar aquí mesmo o folleto con toda a información
actividades veran frades 2019