Vermella, un album ilustrado de Sabela Losada

0

Compostela, 24 de abril do 2019 –  O pasado mes de febreiro a Libraría de Mulleres Lila de Lilith  acolleu a presentación de Vermella de Sabela Losada Cortizas, unha publicación de Baia Edicións que saca á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista.

Vermella consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil, na procura da orixe do móbil da investigación, que lle dá sentido á trama e que ten que ver coa propia e progresiva descuberta do corpo da nena.

Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso… Foi un accidente?

Quen é a vítima?

Serán quen de resolveren este enigma?

Sabela Losada

Nada en Compostela, é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. Aos vinte anos marchou a América Latina onde traballou para a cooperación galega, CIDEAL e a AECID, ademais de colaborar con organizacións de mulleres e os Festivais de Cine de Dereitos Humanos e de Cine Ambiental de Arxentina.

É a creadora de Dalúa Libros onde ten publicado varios volumes para crianzas e foi premiada no Certame Internacional Encarna León polo seu relato sobre a relación entre Rosalía de Castro e María Cardarelly, autora das súas primeiras fotografías.

Foi parte de Mulheres Livres e outros colectivos, e ten escrito sobre rebelións populares en América do Sur, identidade e autocoñecemento feminista, maternidade, crianza e educación libres.

É nai de dous fillos e leva máis de quince anos vivindo arredor do océano Atlántico.

Vermella

Gañadora ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2018) e ilustrada por Minia Regos. Segundo o tribunal, Vermella saca á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista.

Conversando coa autora

Lindeiros falou con Sabela para que nos contara algo máis sobre como nace este libro. O obxectivo era conseguir algo que puideran ler nenos e nenas, normalizar a mestruación para todos

A escritora fai unha reflexión moi interesante sobre o sangue, parece que exista unha boa e outra mala, unha que se pode mostrar e outra que é preciso agochar

O libro é tamén unha interesante ferramenta para os pais, un xeito de explicar algo que as veces, por descoñecemento, pode causar medo

Unha interesante obra e unha máis interesante autora nunha preciosa edición de Baia recomendable non só ara cativos, para todo o mundo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial