займ срочно

Verónica Gómez presenta a súa renuncia como concelleira socialista de Ordes (entrevista)

0

Ordes, 2 de marzo do 2017.- A concelleira e voceira municipal socialista en Ordes, Verónica Gómez, presentou esta mañá a súa renuncia ao cargo de concelleira por motivos persoais que lle impiden atender as obrigas propias do cargo coa dedicación que tal responsabilidadae conleva.

Verónica Gómez comunicou a renuncia de acordo ao disposto na lexislación vixente para que se proceda ao seu relevo mediante os candidatos seguintes da lista do PSOE de Ordes.

A concelleira meditaba a renuncia hai tempo debido a dificultade de combinar as ocupacións persoais coas públicas. O pleno de Ordes e a actitude do alcalde acabaron por decidila

A situación do concello de Ordes resulta moi complexa e Verónica Gómez explica que si sempre é necesario o diálogo moito máis cando o goberno so ten 5 de 17 concelleiros

A renuncia de Verónica Gómez é estrictamente persoal pero engade un capítulo máis na complexa situación do Psoe a nivel nacional ou rexional con xestoras dirixindo o partido, ou en Compostela con un concelleiro menos por diverxencias internas. A ordense prefire centrarse no local e confiar en quen a sustitúa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies