VI Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón

0

Boqueixón, 8 de setembro do 2018 –  O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha o VI Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón aberto ó público en xeral e no que se poderá participar ata con 3 fotografías.

Paisaxes de Boqueizón ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e dar a coñecer a diversidade e riqueza histórica, cultural e etnográfica do municipio. A temática das imaxes versará sobre aspectos como a riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio. O prazo de envío das propostas finalizará o próximo 2 de novembro.

O xurado do VI Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón seleccionará un total de 12 imaxes. Estas utilizaranse para elaborar o calendario do 2019 que edita o Concello. Das escollidas sairán ademáis as tres instantáneas vencedoras. Os premios entregaranse en forma de vales de compra que se poderán canxear en calquera estabelecemento do concello. O primeiro premio estará dotado cun vale de 200 €; o segundo, cun vale de 100 €, e o terceiro, cun vale de 50 euros. O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o 21 de novembro.

Inscrición e participación

Segundo se especifica nas bases do certame, a inscrición deberase realizar a través da páxina web municipal www.boqueixon.com. Cada participante deberá cumprimentar e asinar a folla de inscrición e enviar as fotografías en formato .jpg nun arquivo que leve o nome do título da fotografía, que terá unha resolución mínima de 2000×1500 px. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e amantes da fotografía a participar neste concurso. Agardan que a iniciativa conte cunha boa participación e que axude a poñer en valor os fermosos recunchos e paraxes do municipio.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial