Abre o prazo de inscrición para a VI Feira de Oportunidades de Ordes

0

Ordes, 4 de febreiro do 2018 – Os días 1, 2 e 3  de marzo Ordes acollerá a VI Feira de Oportunidades no primeiro andar da Praza de Abastos, tendo cabida para un total de 13 establecemento.

Os comerciantes interesados en participar na Feira de oportunidades poderán inscribirse dende o 5 ata o 16 de febreiro. A participación será asignada por rigurosa orde de chegada, mentres que a concesión dos postos farase mediante sorteo ao igual que en edicións anteriores.

Nun espazo que se achega aos 500 metros cadrados poderanse adquirir aos mellores prezos as últimas novidades en téxtil, calzado, decoración, bixutería, marroquinería etc.

Nesta edición tamén se habilitará unha zona de diversión para os nenos e nenas de xeito gratuíto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies