O VI Festival Motorock Milli Riders a próxima fin de semana en Melide

0

Melide, 24 de xuño do 2018 – O concello de Melide foi o escenario para a presentación da sexta edición do Festival Motorock Milli Riders que se celebrará do 29 de xuño ao 1 de xullo.

Unha das novidades desta edición será o cambio de lugar das actividades que pasan, na maior parte, ao Parque Rosalía de Castro xa que o Cantón de San Roque quedouse pequeno para o Milli Riders.

Durante a presentación a alcaldesa, Dalia García, agradeceu á asociación moteira local que “un ano máis poidamos presentar un cartel tan completo como o que temos aquí, da boa fe de que o traballo ben feito sempre dá os seus froitos. Traballastes moito ao longo do ano e de seguro que ides ter a vosa recompensa”. Dende a asociación moteira, indicaban que “cada ano intentamos que o Festival Motorock sexa capaz de acoller actividades que poidan gustar a todas as idades, xa que queremos que non só os afeccionados ás motos se acheguen a Melide a vindeira fin de semana senón tamén, ser capaces de agradar a todos a veciñanza de Melide”.

Mago de Oz actuación destacada

O VI Festival Motorock Milli-Riders comezará o vindeiro venres 29 de xuño cunha churrascada e dous concertos: Dagla e Cuarta Xusta.

O sábado será o día grande do festival coas exhibicións de Narcis Roca e o pequeno motorista Yael. Pola noite, sucederanse os concertos de Calle del Ruído e Mago de Oz coa animación de Josy da Graver.

Como fin do festival o domingo 1 de xullo, os participantes compartirán un cantar de confraternidade e unha ruta moteira polos concellos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial