O Vía Sacra Fest acolle ao dúo belga Vandenabeele Knapen

0

Compostela, 13 de xullo do 2017 –  Hoxe o Vía Sacra Fest acolle a partir das seis da tarde un concerto dos belgas Wouter Vandenabeele e Jeroen Knapen.

O Vía Sacra Fest e o festival do verán que se celebra na terraza da Vía Sacra e que organizan a Casa das Crechas e o Cervantes e que patrocina a cervexa Mahou,

Vandenabeele Knapen é un dúo que chega desde Flandes cun proxecto que integra composicións e improvisacións e que bebe da worldmusic, do jazz, do folk, da música turca ou grega.

Despois de xirar por Bélxica, Países Baixos, Portugal, Francia, Italia ou Escocia, Wouter Vandenabeele (violín) e Jeroen Knapen (guitarra) chegan ao Vía sacra Fest para mostrarnos unha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados que invitan a danzar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial