займ срочно

Viaqua terá que pagar un millón e medio de euros ao concello de Teo

0

Teo, 26 de xaneiro do 2019 – O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de desestimar o recurso de Viaqua contra a liquidación do contrato de xestión da auga e terá que pagar un millón e medio de euros ao municipio.

Cando Teo municipalizou o servizo de abastecemento de auga procedeu a liquidar o contrato con Viaqua, por aquel entón Aquagest. Os cálculos feitos pola intervención do concello non foron aceptados pola empresa, que consideraba que era o concello o que lle debía catro millón e medio de euros, que presentou un recurso.

O Xulgado contencioso administrativo nº 1 de Santiago ditou sentenza en xullo de 2018 dando a razón ao concello na liquidación realizada pola Intervención, se ben recoñecía certos dereitos económico a Viaqua en relación cos investimentos realizados en obras. O alcalde, Rafael Sisto, destaca que “en contra dalgunhas interpretacións interesadas, o Concello sempre considerou que era unha sentenza satisfactoria para os intereses municipais e, de feito, foi Viaqua quen recorreu a sentenza”.

Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar sentenza desestimando integramente o recurso de apelación interposto por Viaqua. Ademais, a sentenza ratifica e clarifica os criterios cos que debe facerse a liquidación, isto é, que a liquidación debe practicarse dende o ano 2001 e que, para facela, deben aplicarse os prezos e cláusulas orixinais do contrato de xaneiro de 1989 actualizados co IPC, criterio defendido pola Intervención municipal.

A sentenza desestimatoria do recurso rexeita a reclamación de Viaqua do lucro cesante e dos custos legais, e ratifica a obriga de pagarlle ao concello os custos de enerxía eléctrica e de xestión da EDAR de Calo.

As consecuencias económicas detalladas da sentenza son que VIAQUA debe ao Concello:  2.331.274,85€ resultantes das liquidacións entre 2001 e o 3º trimestre de 2015, 762.246,10€ de enerxía eléctrica pagada polo concello e que debía ter asumido VIAQUA e 229.884,82€ pola xestión da EDAR de Calo. Un total de 3.323.405,77€. Pola contra, o concello debe pagar 1.556.251,03€ polo investimentos realizados por VIAQUA na rede municipal de Teo.

A liquidación final é polo tanto de 1.767.154,74€ a favor do concello. Contra este fallo do TSXG só cabe un posible recurso de casación diante do Tribunal Supremo, moi limitado polos conceptos admisibles neste tipo de recursos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies