Vicente del Bosque nas “Conferencias con Solidariedade”

0

 “Solidariedade, a clave para o triunfo do equipo” é o título da intervención que Vicente del Bosque ofrecerá no Hostal dos Reis Católicos, en Compostela,  o mércores 19 de outubro, ás 20:00 horas e con entrada libre

imaxe do adestrador quye estará en CompostelaSantiago, 18 de outubro do 2016 – O ciclo “Conferencias con Solidariedade”, que forma parte do programa especial de actividades impulsado por Turismo de Galicia con motivo do Xubileu Extraordinario da Misericordia, chega ao seu remate o vindeiro mércores 19 de outubro coa presenza de Vicente do Bosque.

O ex seleccionador de fútbol achegarase ao concepto de “Solidariedade, a clave para o triunfo do equipo” nun relatorio que abordará o valor do traballo en común, do esforzo solidario dentro dun colectivo para que o conxunto poida acadar as metas que se propón. Todo desde un punto de vista sosegado, de quen desde distintas responsabilidades enfrontouse a moitas situacións de tensión, onde o egoísmo e máis  o choque de intereses poñen en xaque á solidariedade.

A cita é no Hostal dos Reis Católicos desde as 20:00 horas e con entrada libre. O moderador será o xornalista Terio Carreira.

Vicente del Bosque

Vicente del Bosque González, marqués de Del Bosque, nado en Salamanca en 1950, comezou a xogar na canteira da U.D. Salamanca pero o club onde forxaría a súa carreira é o Real Madrid, no que acadou 5 Ligas e 4 Copas coma futbolista.

Despois pasou a traballar de técnico na súa estrutura de categorías inferiores, ata tomar o mando do primeiro equipo no que logrou 2 Copas de Europa, 1 Copa Intercontinental, 1 Supercopa de Europa, 2 Ligas e 1 Supercopa de España.

Trala súa despedida da “Casa Branca”, e tras un paso polo Besiktas de Turquía, foi nomeado seleccionador de España, onde acadou un Mundial e unha Eurocopa.

En xuño de 2014 foi nomeado, por Decreto da Xunta de Galicia, Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, en atención ao seu labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e os valores xacobeos.

Conferencias Con Solidariedade

O ciclo “Conferencias con Solidariedade” está conformado dentro do programa de actividades impulsado por Turismo de Galicia con motivo do Xubileu Extraordinario da Misericordia

A primeira conferencia do ciclo correu a cargo dos representantes de distintas organizacións locais de Galicia: Lorena Seijo, de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP); José Anuncio Mouriño, de Cáritas; Pablo Rodríguez, de Entreculturas; e Miño Guerreiro, de Enxeñería Sen Fronteiras.

O protagonista da segunda cita foi Manuel Blanco, bombeiro sevillano que traballa axudando aos refuxiados que chegan por mar á illa de Lesbos (Grecia); Blanco é cofundador e vicepresidente da asociación sen ánimo de lucro Proem-AID.

José Antonio Bastos, presidente de Médicos Sen Fronteiras España, foi quen interveu na  terceira sesión dun ciclo e Antoni Bruel, coordinador de Cruz Vermella Española, na cuarta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial