A pretempada comeza con victoria en Meira para o Santiago Futsal

0

Compostela, 13 de agosto do 2017 – O Santiago Futsal desprazouse á localidade lucense de Meira para medirse ao Ribeira de Piquín FS na estrea do seu calendario de pretempada.

Os de Santiago puideron probar sobre a pista os coñecementos adquiridos nestas dúas semanas de traballo inicial nun partido que estivo dirixido polos santiagueses en todos os seus tempos.

A primeira parte iniciaríase con Iago Barro en portería e Santi, Álex Verdejo, Álex Diz e Zequi como xogadores de pista por parte do conxunto visitante. Primeiros movementos e primeiras ocasións santiaguesas. O xogador do Xerez Deportivo a proba co conxunto santigués Zequi, atopouse coa madeira ata en dobre ocasión nos compases iniciais do encontro. Coa primeira rotación e a entrada en pista de Armando, Everton, Álex Velasco e Gonzalo, as ocasións en meta contraria sucedéronse, obrigando ao porteiro local a desviar cada un dos tiros que saían das botas santiaguesas. Brian  e Isma tamén gozarían de minutos sobre a pista do Municipal de Meira e mesmo a madeira interpoñeríase entre o de Vilalba e o gol nun tiro exterior. Traspasado o ecuador da primeira parte chegaría o primeiro gol do encontro: Zequi coaría o balón ao fondo da portería local cun disparo raso pegado ao pau longo do porteiro.

A continua e alta presión dos visitantes en pista contraria levou a recuperacións rápidas de balón e xogadas perigosas en ataque que deixaban sen opción ao Ribeira de Piquín FS. Álex Diz sería o encargado de facer o segundo no minuto 17 ao recoller o rexeite ao seu primeiro tiro tras unha bonita xogada elaborada.

Tras o paso por vestiario veríase unha segunda parte máis rápida e dinámica. Pese ao gol dos locais no minuto 25  nun rexeite que aproveitou un xogador lucense, os de Santiago lograron abrir unha brecha no marcador ao anotar tres goles en dous minutos. Armando anotou dous goles consecutivos; o primeiro tras recoller un balón ao disparo de Everton e o segundo cunha recuperación en campo contrario e tiro exterior desde 12 metros que sorprendeu ao porteiro local. Só un minuto despois, Santi, o capitán da escuadra santiaguesa na tarde de hoxe, anotaría o quinto ao aparecer entre liñas dentro da área e rematar un balón deixado por Brian desde a banda dereita.

Xa nos instantes finais, unha falta dentro da área visitante desencadeou o penalti que se convertería no segundo gol do equipo de Meira. A dous minutos do final chegaría o último gol local, nun balón dentro de área que o capitán lucense enviou ao fondo das mallas.

Un dun para o conxunto que dirixe Sant Valladares, que o mércores recibirá a Palma Futsal no partido de presentación da escuadra branca ante a súa afección.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies