Videoconferencia xa!

0
Iñaki Quenerapú Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista. http://quenerapu.com

Iñaki Quenerapú
Evanxelizador tecnolóxico. Profesor de informática e consultor en temas de dixitalización e alfabetización dixital. Tamén deseñador gráfico, técnico de márketing para novos medios e programador web. Cando sexa maior quere ser monologuista.
http://quenerapu.com

Estoume afeccionando ás videoconferencias. Perdinlle o medo ás cámaras e comprobei que é unha xenial maneira de manter reunións sen perder o tempo. Estás traballando, quedaches a tal hora para unha reunión, fas a reunión e segues traballando. Eficacia!
Hai moitas ferramentas para facer videoconferencias. Hoxe aqui quero comentar algo sobre as máis populares e logo falar sobre outras non tan populares (aínda) pero que na miña opinión, son a caña.
Comezarei con Skype: http://skype.com é unha ferramenta moi estendida. Tena instalada case todo o mundo que fai uso habitual de Internet. Pero precisamente o que non me gusta nada del é que hai que instalala. Eu quero instalar no ordenador cantas menos cousas mellor. Certo é que Skype é gratuíto e témolo para Windows, Mac e Linux; e iso é un punto a favor. Pero mentres sexa posible, se non hai que instalar nada, mellor.
Logo temos Hangouts, a alternativa da xente de Google para videoconferencias. En  http://hangouts.google.com/ non precisas instalar máis nada que un plugin (complemento) para o navegador e a partires de aí usas Hangouts co teu navegador web. Vale calquera navegador debidamente actualizado pero claro, Google recomenda Chrome e certamente a experiencia con Chrome é algo mellor. Con Hangouts podes gravar as videoconferencias e logo publicalas en Youtube se queres. Skype non ofrece a posibilidade de gravar as videoconferencias (terías que instalar outro software para iso) e tampouco poderías publicalas directamente en Youtube. Así que Hangouts vai gañando polo de agora. A pega? Hai que ter unha conta en Google. Hai tempo que aceptei que hoxe en dia hai que ter unha conta de Google si ou si, pero entendo que haxa xente que non quere dar ese paso.

Podemos facer videoconferencias sen ter que andar abrindo contas? Pois si. Aí van oito. Apunta aí:
* «Appear In» http://appear.in/
* «Appspot» http://apprtc.appspot.com/
* «Go to Meeting Free» http://free.gotomeeting.com/
* «Gruveo» http://gruveo.com/
* «Rabbit» http://rabb.it/
* «Room» http://room.co/
* «Talky» http://talky.io/
* «vLine» http://vline.com/IMAXE InhAKI OUTUBRO 2015_r

Todas estas ferramentas web permiten manter videoconferencias a través do navegador web sen ter que crear conta nin nada (nin ti nin as outras persoas que participen na conversa). Algunhas como «Gruveo» só permiten Videoconferencia entre dúas persoas mentres «Appear In» ou «Rabbit» permiten ate 8 ou 10 persoas respectivamente na mesma Videoconferencia. Algunhas permiten manter un chat escrito ao tempo e outras compartir pantalla. Vainas probando e queda coa que queiras.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies