VII Feira de Oportunidades no concello de Ordes

0

Ordes, 7 de setembro do 2018 – Ata mañá sábado a Praza de Abastos de Ordes acolle as mellores ofertas en moda, complementos, calzado,  fogar, deporte etc na VII Feira de Oportunidades.

Na primeira xornada da Feira de Oportunidades a veciñanza volveu a ser fiel a estas citas. Moitos quixeron ser os primeiros en achegarse ao primeiro andar da Praza de Abastos, por medo a quedar sen as mellores gangas. Ao longo deste primeiro día centos de persoas deron boa conta de todo o exposto, vendo e remexendo entre a multitude de produtos e referencias que os comerciantes están a ofrecer. Roupa para muller, home e neno; equipamentos e calzado deportivo de primeiras marcas; fraganzas, xabróns e ambientadores; fogar e decoración; complementos e bixutería; calzado de todos os estilos e bolsos…..

A feira continúa hoxe e mañá sábado cun  horario que vai de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Habilitouse tamén  un recuncho infantil cuxo horario irá de 18 a 20 horas durante, aínda que o sábado ampliarase durante a mañá, concretamente de 10.30 a 12.30 horas.

Nesta sétima edición da feira participan os seguintes establecementos e firmas comerciais: Capitán (calzado), Carma (zapatería), Blanco moda infantil e xuvenil, Manuel Rodríguez (moda home e muller), Muxa (moda muller), Chic (moda muller), Arco Iris (mercería), Sportec (deporte), Alfombra Roja (zapatos), Dress (moda muller), Numa (moda muller), Dana y Aine (complementos), Peteiro (decoración) e Aromas (fragrancias).

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial