VIII Feira de Oportunidades de Ordes

0

Ordes, 13 de febreiro do 2019 – Do 14 ao 16 de febreiro celebrarase a VIII Feira de Oportunidades de Ordes nos locais situados na Praza de Abastos e organizada polo concello.

A Feira de Oportunidades de Ordes celebrarase de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Nesta nova edición as firmas participantes son: Alfombra Roja (zapatería), Blanco Moda (infantil e xuvenil), Carma (zapatería), Chic (moda muller), Dress (moda muller), Juan Carlos Varela (moda infantil), Mis Personajes (xoguetería), Muxa (moda muller), Peteiro (decoración), Arco Iris (mercería), Dana e Aine (complementos), Numa (moda muller) e Sportec (deportes).

A organización deste evento ten previsto un curruncho infantil para as persoas que visiten a feira. Este servizo estará dispoñible o xoves e o venres de 18 a 20 horas. O sábado este horario ampliarase de 18 a 20 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial