VIII Festa da Filloa e Cachucha de Abellá en Frades

0

Frades, 16 de marzo do 2019 – Frades celebra este domingo a xa tradicional Festa da Filloa e da Cachucha de Abellá e o luns a segunda Ensarillada, que se estrea este ano da man do grupo Sarillo de Aiazo. Dúas festas que contan coa colaboración do Concello.

O pavillón polideportivo de Abellá acollerá mañá, a partir das 12:00 horas, a oitava edición da Festa da Filloa e da Cachucha, que organiza a asociación de veciños Os Labregos de Abellá en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que este ano volverá a contar coa presenza do filloeiro grande de Lestedo, que o ano pasado fixo que se achegaran centos de persoas á festa grazas á súa capacidade para producir ata 1.500 filloas por hora.

Durante toda a mañá, a música correrá a cargo do grupo folclórico ordense “Embruxo Gaiteiros”, con sesión vermú da man da orquestra ciclón, que se encargará tamén da verbena da tarde, a partir das 18:00 horas. Entre todos os que participen na degustación sortearase unha cesta con produtos da zona.

Ensarillada

E o luns 18, ás 21:00 horas, o local social de Aiazo acollerá a I Ensarillada, unha iniciativa organizada polo grupo Sarillo de Aiazo en colaboración co Concello de Frades. A Ensarillada será un encontro de seis grupos folclóricos da contorna: Dedaleiras de Sarandón, Pandereteiras da Baña, Reviravolta (Lardeiros), Sementes do Arte (Ordes) e dous grupos locais como Pinga de Troula (Galegos) e os anfitrións de Sarillo (Aiazo). Tras as actuacións individuais dos distintos grupos haberá unha foliada libre. A asistencia é libre e de balde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial