займ срочно

VIII Festa do Tractor en Xestoso, Silleda

0

Silleda, 7 de setembro do 2018 – A Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica organiza un ano máis a Festa do Tractor, na súa oitava edición, en Silleda.

A cita será este domingo día 9 coincidindo coas festas de Xestoso, lugar de celebración. A Festa do Tractor Comezará coa concentración de tractores clásicos no campo da festa da parroquia ás 12:45. Ademais de poñer en valor os históricos vehículos relacionados co noso agro, esta iniciativa tamén ten como obxectivo a promoción de enclaves turísticos e naturais do municipio. Na xuntanza poder participar todos aqueles agricultores que desexen acudir cos seus vehículos.

Na cita silledense está prevista a participación de tractores antigos restaurados chegados dende distintos puntos da xeografía galega. Ao remate da celebración está previsto un xantar de confraternidade. Para participar as persoas interesadas poden anotarse chamando ao 649 932307 ou ao 600 648380.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies