Varios servizos de Vila de Cruces levan anos sen contrato

0

Vila de Cruces, 5 de agosto do 2019 – O Psoe de Vila de Cruces, que goberna en minoría con Xuntos polo noso Concello, denuncia que varios servizos básicos do concello levan anos sen contrato.

Son xestión formalizadas polo anterior goberno e que se resolveron por cumprimento do prazo do contrato. Seguen a prestarse polos contratistas xa que na maioría dos casos nin sequera se iniciarán os trámites para a contratación.

O Servizo de limpeza de centros educativos que rematou o 31 de agosto de 2015; contrato de limpeza do centro médico; contrato de limpeza edificios municipais que rematou o 1 de setembro de 2016; mantemento das instalación de alumeado público; servizo de escola de música que rematou o 30 de setembro de 2015 ou o contrato de actividades deportivas, mantemento de instalacións e piscina municipal que rematou o 30 de setembro de 2015 son algúns dos que se atopan en situación de prórroga tácita.

O Psoe recordarlle ao grupo municipal do Partido Popular que desde o actual goberno estase a traballar para empezar a sacar adiante a contratación destes servizos e subministracións, pero que desde o 15 de xuño é materialmente imposible telos listos, e menos pensando que nos últimos catro anos de goberno en maioría dese grupo non se adiantou nin un só papel acerca dos mesmos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial