O Legado Hilgen segue sen aparecer

0

Vila de Cruces, 29 de agosto do 2019 – O misterio do Legado Hilgen segue a voltas entre Vila de Cruces e Lalín e o BNG cruceño reclama que se abra unha investigación sobre o sucedido.

Os nacionalistas explican nun comunicado todo o acontecido ata o momento. Os mapas do Legado Hilgen foran cedidos polo concello de Lalín para formar parte dunha exposición no Museo da Minería de Fontao no ano 2012. En xuño todo a exposición foi trasladada ao lalinense Pazo de Liñares pero os mapas desapareceran. O concelleiro de Lalín en funcións Francisco Vilariño, reclamaba por carta formal ao goberno do entón alcalde Jesús Otero, a devolución do material extraviado.

O material pendente de devolver, era un conxunto de 51 mapas que non foron reintegrados co resto da colección. Naquel momento, o BNG de Vila de Cruces fixo un escrito que presentou ao concello, co fin de que se buscaran as pezas e se devolveran antes do cambio de goberno que se produxo posteriormente. Nin se obtivo resposta ao escrito, nin o concello de Lalín recuperou os mapas extraviados.

Na citada data, o concello lalinense reiteraba que, de non atoparse as pezas, o concello de Vila de Cruces debería abonar económicamente o seu valor segundo o establecido no seguro que debera estar contratado cando se cederon as pezas ao Museo de Fontao.

Dende o BNG explican que debería terse feito xa no seu momento unha investigación e búsqueda exhaustiva das causas do extravío para que pezas coma esas, de incalculable valor xeográfico, patrimonial e histórico non sigan sen aparecer.

Estando a situación sen resolver, instan ao anterior goberno cruceño e ao actual a buscar unha solución evitando así o agravio económico que poida supoñer e a vergoña de non ser capaces de protexer bens de elevado valor da comarca, sen capacidade de resposta ante os feitos irregulares que se produciron con estas pezas de colección.

Jan Dirk Hilgen

Jan Dirk Hilgen foi un xeólogo alemán, namorado de Galicia, que morreu no ano 2004. Cunha forte paixón pola Serra do Candean  decidiu ceder todo o seu traballo ao concello de Lalín, vontade cumprida pola súa viúva. A colección está formada por análises químicos, rocas, apuntes, diarios, cadernos, cartas, diapositivas, negativos, material bibiográfico, tese, mapas, microscopios, etc. Os mapas cedidos son os que agora desapareceron.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial