Villarromariz, en Oroso, ten un novo parque infantil

0

Oroso, 13 de setembro do 2017 – Os nenos da parroquia de Villarromariz contan desde esta semana cun novo parque infantil, emprazado no campo da festa da parroquia e no que o Concello de Oroso investiu case 12.000 euros.

O alcalde orosán, Manuel Mirás Franqueira, explica que “aproveitamos sinerxías e fixemos este novo parque infantil coa nosa brigada de obras, polo que ao Concello saíulle moito máis económico”.

O novo parque infantil de Villarromariz conta cun caucho continuo na zona de xogos, un material duradeiro, limpo e seguro que facilita aos nenos e nenas a súa aprendizaxe á hora de camiñar e permite amortecer o golpe en caso de caída. Sobre este chan, o Concello de Oroso instalou uns bambáns, un balancín e unha gran estrutura de xogos con tobogán. O novo parque infantil complétase cun areeiro anexo para os máis pequenos e está emprazado a carón das árbores que rodean o campo da festa, para así proporcionar sombra aos usuarios.

Esta actuación súmase aos 15.000 euros investidos o pasado mes de xuño na mellora e ampliación do parque infantil do Paseo do Carboeiro (Sigüeiro). Unha actuación na que o Concello de Oroso substituíu o pavimento baixo os distintos xogos do parque que, despois de catro anos de uso, estaba comezando a levantarse nalgunhas zonas. A maiores, o Concello de Oroso aproveitou para facer actuacións de mantemento nos xogos infantís e instalar dúas novas propostas, dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies