Visita nocturna ao petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade en San Pedro de Bugallido, Ames

0

Ames, 28 de xuño do 2018 –  O Colectivo a Rula e o Concello de Ames organizan para o sábado, 7 de xullo, unha visita guiada nocturna ao petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade, no lugar de San Pedro de Bugallido.

A visita ao petróglifo está pensada para o público en xeral con interese na arte rupestre e nas  manifestacións culturais da prehistoria. Para participar da actividade é necesario inscribirse no correo electrónico colectivoarula@gmail.com. Ofértanse 50 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. A hora prevista para o inicio da visita serán ás 21.30 horas, para unha duración estimada de tres horas.

O petróglifo da Nave de Mourigade é unha das estacións máis interesantes do concello debido a súa peculiar localización e á tipoloxía de gravados xeométricos adaptados á morfoloxía da laxe. A visita será aproveitada para amosar ós visitantes un novo panel localizado polo Colectivo A Rula, aínda sen catalogar, e para explicar os diferentes paneis insculturados co apoio de iluminación artificial rasante que permitirá unha óptima visualización. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, aproveitarase a ocasión tamén para realizar unha observación astronómica. O Colectivo A Rula aportará un mínimo de 5 guías para a realización da actividade. Os participantes deberán acudir con roupa e calzado axeitados para andar polo monte e, de xeito opcional, cunha lanterna.

A visita

O punto de encontro será o Centro Social de Bugallido, ás 21.30 horas, onde se desenvolverá unha pequena charla introdutoria sobre a arte rupestre do Concello de Ames.

De seguido, partirase cara a  Pedra da Nave de Mourigade. A duración total da visita estímase en tres horas e, dependendo da visibilidade do ceo, poderase realizar unha actividade de iniciación á observación astronómica cunha duración aproximada de trinta minutos.

O Concello de Ames e o Colectivo a Rula teñen previsto desenvolver outra visita das mesmas características á área arqueolóxica de Monte Castelo en Ventosa, no mes de setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial