Visitas guiadas á exposición Bo Camiño no concello de Arzúa

0

Arzúa, 28 de agosto do 2018 –  O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que esta semana organízase na Capela da Madanela tres visitas guiadas á mostra colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que está exposta durante o mes de agosto en colaboración con Sumarte.

Hoxe martes, mañá mércores e o xoves, coincidindo co última día de apertura, a comisaria da exposición, Cristina Carballedo, guiará aos asistentes polas vinte e unha obras expostas explicando a relación das mesmas e dos seus artistas co Camiño de Santiago, fío condutor da exposición Bo Camiño.

A mostra recibiu máis de mil oitocentas visitas desde a súa inauguración, o pasado día 1 de agosto, superando amplamente a cantidade rexistrada nesta mostra o ano pasado. Cristina Carballedo é coordinadora de exposicións e proxectos culturais, historiadora da arte, experta en interpretación e xestión de paisaxes culturais e guía de turismo.

As visitas guiadas terán lugar ás 19:45 horas e a exposición permanecerá aberta en horario de sete a nove da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial