Visitas teatralizadas a Casa do Pozo en Santa Comba

0

Santa Comba, 5 de xullo do 2019 – Os alumnos do obradoiro Xallas-Barcala-Dubra IV veñen de poñer en marcha a iniciativa de dinamización Visitas teatralizadas a Casa do Pozo en Santa Comba

A casa do Pozo é unha vivenda do século XIX de planta rectangular. Doada ao concello foi rehabilitada e no ano 2012 abriuse o museoTerra do Xallas. Cunha base histórica, a visita por esta casa fidalga é coma entrar nunha máquina do tempo que nos transporta a outra época. As persoas que asistan a viaxe disfrutarán dun percorrido pola historia, a  sociedade, a educación, o mundo da empresa, e o fenómeno migratorio no S.XX na vila de Santa Comba. 

Visitas teatralizadas a Casa do PozoAs visitas, orientadas para grupos cun máximo de quince persoas e previa reserva, terán lugar os vindeiros luns 8, 15 e 22 de xullo ás 12:00h da mañá.

Esta actividade fai realidade un dos obxectivos primordiais do obradoiro que é a promoción e posta en valor dos recursos turísticos, así coma incidir na necesidade de exercer a divulgación turística dunha maneira innovadora que conecte directamente co público. Trátase de aproveitar o tempo de ocio divertíndose e aprendendo.

Visitas teatralizadas a Casa do PozoAs persoas interesadas en vivir esta experiencia única deben realizar a súa reserva no email: obradoiroturismo2019@gmail.com ou no teléfono 643569224.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial