Silleda estuda a realización de visitas teatralizadas a Carboeiro

0

Silleda, 12 de agosto do 2017 –   O Concello de Silleda a través da Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, estuda a posibilidade de levar ao mosteiro de Carboeiro visitas teatralizadas a fin de continuar promovendo o coñecemento arredor deste emblema histórico e patrimonial.

A concelleira mantivo xa un encontro cos membros de Limiar Teatro, que formularon xa “unha interesante proposta que agora estudaremos de cara á súa posta en marcha”, engade.

A posta en escea de distintos episodios vinculados á historia do mosteiro beneditino, lendas coma a da Ponte do Demos, ou a importancia da zona durante a chamada febre do wolframio. “Cremos que pode ser unha forma amena e distinta de descubrir e coñecer a historia e importancia deste mosteiro e o seu entorno en distintas épocas”, engade a concelleira, sinalando que a proposta para realizar visitas teatralizadas “daría un plus á hora de divulgar Carboeiro, un dos referentes turísticos do interior de Galicia que cada ano visitan milleiros de persoas”, engade. Estase a barallar a posibilidade de, de materializarse a proposta, estableceríase un período para a realización das visitas, previndo tamén visitas específicas para grupos e colectivos locais así coma escolares.

Coro e Orquestra do curso “Tamara Brooks”

Por outra banda o mosteiro de Carboeiro acolle hoxe sábado ás 20:30 un dos concertos do prestixioso curso de de verán “Tamara Brooks” que se está a celebrar na localidade de Tui dende o pasado día 2.

O concerto de música clásica reunirá a preto de medio centenar de alumnos/as e profesores do 28 Curso de Verán de Dirección, Canto, Coro e Orquestra. A entrada é de balde.

Este curso de verán, que dende o ano pasado toma o nome da prestixiosa directora de orquestra estadounidense falecida en 2012, conta nesta vixésimo oitava edición coa participación de destacados directores.

Así están presentes Irene Gómez-Calado, afincada en Francia, e que entre outros é directora da filármonica Grands Écoles, entre outros, o prestixioso director Fernando Malvar-Ruiz, director do coro infantil American Boychoir, e Julio Domínguez, director do coro de música clásica Camerata ad Libitum, que organiza este curso.  Ao piano/órgano estará Rasa Biveineniene-Jakutyte.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies