займ срочно

As vítimas do Alvia volven a Compostela a pedir xustiza (vídeo)

0

Compostela, 25 de xullo do 2017 – Cando se cumpren catro anos da catástrofe do tren Alvia as vítimas e os familiares manifestáronse en Compostela pedindo xustiza.

As vítimas e familiares do Alvia accidentado hai 4 anos díante da Catedral

As vítimas e familiares do Alvia accidentado hai 4 anos díante da Catedral

A marcha partiu da estación de ferrocarril e chegou ata o Obradoiro. Contaba co apoio do concello de Santiago en virtude dunha moción aprobada no último pleno da corporación.

Na marcha participaban representantes de tódalas forzas política excepto o Partido Popular, de feito o portavoz Agustín Hernández marchaba do concello pouco antes de que chegaran a praza os manifestantes e sen querer facer declaracións.

Xa no Obradoiro a Plataforma de vítimas leu un manifesto no que esixen xustiza e a constitución dunha comisión técnica independente tal e como recomendou a Unión Europea.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies