Vitoria do Futsal e derrota do Noia Portus na fin de semana

0

Bisbarra, 21 de xaneiro do 2019 – Sorte desigual para os equipos da bisbarra na segunda nacional de fútbol sala, vitoria para o Futsal ante o Córdoba e derrota do Noia en Talavera.

Santiago Futsal gaña en Santa Isabel

Cumpriuse o obxectivo santiagués na súa volta a Santa Isabel neste 2019. No primeiro encontro do presente ano en casa para a escuadra que dirixe Santi Valladares, lograron unha valiosa vitoria ante todo un CF Córdoba  Futsal, que non foi capaz de superar a efectiva defensa do Santiago  Futsal; nin a un  providencial Álex Pérez que logrou manter a súa portería imbatida. Os goles de  Christian, o primeiro da fichaxe santiaguesa na súa carreira no equipo celeste, Everton e Santi culminaron un traballado encontro por parte de todo o persoal santiagués.

Con esta vitoria os de Santi Valladares suman 10 dos últimos 12 puntos en xogo en Santa Isabel e a primeira vitoria do ano 2019 que os afasta aínda máis dos postos de descenso.

Nova derrota do Noia Portus Apostoli

Continua a serie negativa para o Noia  Portus  Apostoli que non puntuou ante o  Talavera, 6-4 reflectía o luminoso no pavillón Primeiro de Maio tras as finalización dun encontro intenso no que a moeda puido caer en calquera dos dous lados.

“Non nos sentimos inferiores ao rival en canto a potencial, a xogo ou proposta pero ao final cometemos  erros que che acaban por penalizar e fai complicado conseguir un resultado positivo” afirmaba o técnico noiés ao final do partido en rolda de prensa. E é que a serie negativa do equipo noiés é en canto a resultados penalizados por eses erros que lles impiden puntuar xornada tras xornada.

Partido vibrante o que puideron vivir na Cidade da Cerámica tanto a afección local como a noiesa que viaxaron para alentar ao seu equipo nestes momentos e como sempre, nunca falla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial