Vitoria traballada do Obradoiro fronte ao Unicaja

0

Compostela, 21 de xaneiro do 2019 – En esta ocasión o Obradoiro no perdeu oportunidades e o traballo ata o último segundo dou os seus froitos e unha vitoria fronte ao Unicaja (89-86).

Moncho Fernández co adestrador do Unicaja Luís Casimiro – ACB Photo X. Cortizo

O Unicaja non puido superar ao  Monbus Obradoiro nun encontro resolvido nos últimos instantes. O Obradoiro contou co acerto de Vasileiadis (18),  Brodziansky (19) e  Simons (15) que fixeron inútil o traballo do inspirado Brian Roberts que chegou aos 23 puntos.

Vasileiadis, ex xogador dos malacitanos, marcou os primeiros compases do partido e conseguiu o despegue do Monbus. Brian  Roberts e de Dani Díez serían os encargados de darlle a volta ao marcador e conseguir tres puntos de vantaxe para o unicaja, novo esforzo dos da casa e nova resposta dos visitantes, toma e daca que remata nun axustado 26 a 25 no remate do primeiro cuarto.

Bandexa de Vladimir Brodzianky ACB Photo X. Cortizo

O segundo cuarto perpetuou os constantes cambios de vantaxe no marcador pero un último empuxón mandou aos equipos ao vestiario cos de Málaga gañando 41 a 45.  

O terceiro cuarto viviu un aumento na intensidade do encontro. Mates, triplas, roubos de balón, intensas defensas todo para comezar o último período cunha exigua vantaxe dun punto para os visitantes, 63 a 64.

ACB Photo T. Ruibal

Unha vez máis o Obra xogábase todo no último cuarto e sen perspectivas de que fora a ser doado. A falta de seis minutos vencían 75 a 70 ao Unicaja pero dous triplos de Roberts e Jaime Fernández poñían de novo o marcador favorable aos de fora. Contraataque de Simons e acerto de Brodziansky poñen de novo ao Obradoiro na senda da vitoria pero non o Unicaja tira de Roberts que con dous triplos poñen aos visitantes a un punto, a falta de 10 segundos o mesmo xogador lanza unha bomba que non entra e deixa a vitoria no Multiusos.

Bandexa de Kyle Singler ante Mathias Lessort ACB Photo X. Cortizo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial