Rehabilitación de vivendas de promoción pública en Melide

0

Melide, 6 de setembro do 2017 –   A rexedora de Melide, Dalia García e membros do goberno local acompañaron á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, nunha visita as 23 vivendas de promoción pública que serán rehabilitadas cun investimento de 426.000 euros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, salientou que o Diario Oficial de Galicia publicara a licitación da segunda fase das obras e explicou que “estes traballos forman parte do proxecto de rehabilitación e mellora de 43 vivendas de promoción pública construídas pola Xunta en Melide, no que se están a investir 680.000 euros”. Precisou que estas obras teñen como obxectivo “facer os inmobles máis eficientes desde o punto de vista enerxético e tamén máis sustentables desde o punto de vista medioambiental”.

A alcaldesa, Dalia García, amosábase satisfeita coa Xunta de Galicia, xa que “unha vez máis dan resposta ás demandas dos veciños e veciñas de Melide coas estas melloras que farán máis fácil o día a día das persoas que residen nas vivendas de promoción pública da rúa Cándido Ares”

Obra en dúas fases

Estas actuacións desenvólvese en dúas fases e consisten no illamento térmico das fachadas destes dous edificios o que ten como obxectivo mellorar, a lo menos nun 20%, a súa eficiencia enerxética.

No mes de abril licitáronse xa as obras correspondentes a unha 1ª fase, en 20 vivendas de promoción pública, nos bloques 4, 5 e 6. Neste mes de setembro, está prevista a adxudicación destes traballos para inicialos, unha vez asinado o contrato, xa que teñen un prazo de execución de tres meses, polo que estarán rematadas a principios de 2018.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial