Vixésimo segunda edición de Mercamelide esta fin de semana

0

Melide, 8 de agosto do 2018 – Melide acolle a vixésimo segunda edición da feira de oportunidades Mercamelide a vindeira fin de semana.

No Mercamelide os establecementos do concello aproveitan para poñer a venda os seus stocks da tempada primavera verán que xa vai rematando. Está organizada por ASETEM, a asociación de comerciantes da vila, e sempre é unha boa oportunidade para atopar produtos de calidade a un prezo reducido.

Como é habitual celebrarase os dous días da fin de semana no Pazo de Congresos e Exposicións, que se converte nun outlet do comercio local. Ademais contará cunha ampla oferta de ocio complementario que estará dispoñible, xunto co mercado, desde as 11 da mañá ata as oito da tarde.

21 Establecementos participantes

Neste Mercamelide de verán participarán un total de 21 establecementos entre os que se atopan comercios de mobles, menaxe, decoración, deportes, lencería, perfumería, electrodomésticos, calzado, moda ou complementos entre outros sectores.  A diferenza doutros anos, non se realizará un sorteo para repartir vales entre as persoas que merquen nos diferentes stands participantes, se non que se lles entregarán aos compradores cartóns rascas onde poderán descubrir no momento se son afortunados con algún premio ou non. En total repartiranse en vales para o comercio local un total de 630 euros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies