Voluntariado ambiental para limpar a praia de Testal en Noia

0

Noia, 10 de setembro do 2018 – O concello de Noia organiza unha xornada de voluntariado ambiental o domingo 16 que ten como finalidade a limpeza da praia de Testal.

A intención e reunir é reunir a un cento de persoas para participar na limpeza. Os traballos en Testal complementaranse cun obradoiro da natureza. Para participar só é preciso anotarse a través da web: https://www.decathlon.es/eventos-tienda.html, seleccionando a tenda compostelá.

José Alberto Escudero Valenzuela, de Decathlon Santiago, explica que “estas xornadas de voluntariado ambiental pretenden devolver ao noso terreo de xogo a pureza que lle roubamos durante as nosas prácticas deportivaa. A iniciativa finánzase co recadado coa venda de bolsas e papel de regalo nas tendas Decathlon”. Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente de Noia, Ángela Neri Arufe, explica que esta iniciativa “é unha magnífica oportunidade para traballar conxuntamente polo medio ambiente e un día estupendo para desfrutar coa familia ou cos amigos”, polo que animou á veciñanza noiesa a participar.

Actividade

Tras facer niños de paxaros no Pedroso en 2017, o obxectivo da edición de 2018 é reunir a cen voluntarios e voluntarias para facer a limpeza da praia do Testal, compaxinada cun obradoiro da natureza. Unha actividade que terá lugar entre as 10:00 e as 14:00 horas, e que rematará cun xantar tipo picnic para todas as persoas participantes. Un xantar que inclúe tamén un menú vegano. Os veciños e veciñas de Noia e da comarca que desexen participar na iniciativa, só teñen que anotarse a través da web e acudir directamente á praia ás 10:00 horas. Ademais, tamén sairá un autobús ás 9:00 horas dende Decathlon Santiago de Compostela, con parada na rúa do Hórreo ás 9:15 horas (esquina co ambulatorio), para recoller voluntarios doutros municipios.

Esta xornada de limpeza da praia do Testal está promovida por Decathlon Santiago e será coordinada por Entorno Ambiental, que contará co apoio do Concello de Noia, Fundación Biodiversidad e o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial