Compostela, 22 de agosto do 2018 – Onte era presentada en Compostela a vixésimo sexta edición do Rally Botafumeiro, un clásico do campionato galego que volve despois de catro anos de parón.

Parte da organización nos locais da escudería. De esquerda a dereita: Andrea Cereijo, Toño Mendez, Manuel Ramos, Juan Lojo e Lidia Ramos

O Rally Botafumeiro era unha cita moi agardada polos afeccionados ao mundo do motor na bisbarra de Compostela, Xunto a xa esquecida Subida aos Barreiros era a proba por excelencia na bisbarra e por ela pasaron os mellores pilotos, e copilotos, de Galicia. Un de eses pilotos, Juan Lojo Lago, é o actual vicepresidente da Escudería Santiago, entidade que sustitúe a Escudería Compostela como organizadora; Lindeiros.gal falaba con el e comezabamos preguntando por como xurdiu a idea e quen está detras de esta nova entidade

Juan Lojo

A proba quere conseguir a continuidade e por iso no primeiro ano o obxectivo é rematar sen problemas, testar o mellor xeito de organizar un evento de estas características e conseguir o financiamento preciso

O equipo que levará adiante a proba é xente nova en moitos casos pero os postos de respnsabilidade están ocupados por persoas con ampla experiencia en este tipo de competicións

Os tramos combinan moitos dos puntos máis tradicionais da proba en outras edicións, con pequenas modificacións, e algúns trazados novos

Engádese un tramo espectáculo e unha cerimonia de saída desde o paseo central da Alameda

O trazado do tramo espectáculo, ao carón do estadio de San Lázaro, e moi vistoso e pretende que a xente sinta que se está disputando un tramo na cidade

En canto aos vehículos que participan, 158 inscritos, destacan os modelos r5 moi similares aos que compiten no World Rally Car

A proba e Compostela

Na presentación participaron de esquerda a dereita Luís Penido, Eulogio Viñal, presidente da Escudería, Noa Morales, concelleira de deportes, e Manuel Ramos, vogal da escudería

O Rally Botafumeiro foi desde sempre a cita co motor en Compostela e desde a sua desaparición do calendario os afeccionados esperaban que algún día puidera volver a celebrarse. Na presentación, no concello de Santiago ,a responsable de deportes Noa Morales falaba de esa tradición e do contentos que estaban no equipo do goberno por poder contribuír a recuperación da proba

Pola súa banda Manuel Ramos, vogal da nova Escudería e experimentado organizador durante moitos anos coa Escudería Compostela, expresaba a intención de retomar as datas de maio nas próximas edicións

Ramos non perdía a oportunidade de pedir aos asistentes precaución e que seguiran as indicacións dos comisarios para que todo discorra sen incidentes

A proba

O Rally Botafumeiro disputase este venres 24 e o sábado 25. O venres é a data prevista para o tramo espectáculo a partir das oito e media da tarde nas inmediacións do Estadio de San Lázaro. O sábado a proba arranca moi cedo xa que o primeiro participante pasará polo tramo de Vedra a partir das 7.45 horas. Pecha a proba unha das zonas habituais no Botafumeiro, a de Touro, pola que a última pasada comezará as 20:20 horas. A entrega de premios será na Alameda xa cerca das doce da noite.

Un dos pilotos con máis experiencia e dos máis queridos, Luís Penido, enviábanos un vídeo falando do que supón para el o Rally Botafumeiro e como afrontan o retorno a competición na casa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial