Volven as NerdNites cun especial sobre astrofísica

0

Compostela, 20 de setembro do 2017 –  As NerdNites inician o seu sexto ano de vida cunha sesión hoxe mércores 20 ás 21:30 horas no Café Casino (rúa do Vilar, 35).

As Nerdnites son pequenas charlas en pequenos locais, afastados do ámbito académico e nos que o ambiente é máis distendido.

Nesta ocasión dedicarase enteiramente á astrofísica, en sinerxía co congreso ‘The road to the stars’ organizado na USC polo Instituto de Ciencias do Patrimonio.

A profesora de astronomía e astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel intervirá coa charla ‘55 Cancri e, Proxima b, TRAPPIST-1…; vaia nomes que teñen!’. Pola súa banda,  o catedrático de astronomía da Universidade de Valencia Vicent J. Martínez chega á NerdNite con ‘Máis aló hai dragóns’.

Por último, o profesor de astronomía da Universidade de Victoria (Canadá) Julio Fernando Navarro falará de materia escura e enerxía escura, “as dúas forzas misteriosas que dominan o Universo”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies