Wayne  Marshall dirixe por primeira vez a Real  Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 7 de maio do 2019 –  O británico Wayne  Marshall dirixe por primeira vez a Real  Filharmonía de Galicia cun programa dedicado a música dos primeiros anos do século XX.

Serán dous concertos en Vigo, o xoves as 8 no Teatro  Afundación, e Santiago. o venres no Auditorio de Galicia.  Wayne  Marshall levará a batuta dun programa que leva por título Que  comece a música! e está centrado en compositores norteamericanos e británicos do século  XX. Así, os concertos arrincarán coa abertura de  Strike  up  the  Band! (Que soe a Banda!) do estadounidense George  Gershwin (1989-1937), recoñecido por lograr realizar unha conxunción perfecta entre a música clásica e o jazz. Esta peza foi composta para unha comedia musical de Broadway, unha sátira sobre a política estadounidense, a guerra, as grandes empresas, o militarismo e as relacións exteriores.

A continuación o público poderá escoitar outra obra de  Gershwin, o Concerto para piano en  Fa Maior, que será interpretado por Wayne  Marshall, cuxa paixón polo instrumento naceu precisamente ao escoitar por primeira vez esta peza. O primeiro movemento emprega o ritmo de  charlestón e representa o novo espírito entusiasta da vida americana. O segundo movemento ten unha poética atmosfera nocturna en forma de  blues americano.

Os concertos concluirán coa Sinfonía  nº 1 do compositor e pianista inglés York  Bowen (1884-1961). Escribiuna cando tan só contaba dezaoito anos e non foi estreada en público ata o ano 2010.

O director, pianista e organista Wayne  Marshall

O director, organista e pianista británico Wayne  Marshall é director titular da Orquestra Sinfónica da  Radiotelevisión de Colonia, así como organista e artista asociado do  Bridgewater Hall de  Mánchester. Foi nomeado principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Milán  Giuseppe  Verdi en 2007 e é un recoñecido intérprete da obra de  Gershwin,  Bernstein e outros músicos norteamericanos do século  XX.

Marshall dirixiu as principais orquestras en Europa, Asia e Estados Unidos. Como  recitalista de piano e órgano interpreta un repertorio variado, actuando nas salas máis prestixiosas de todo o mundo, entre elas o  Konzerthaus de Viena, o  Royal Albert Hall de Londres ou o Gran Teatro Nacional de  Beijing. Como pianista é un colaborador habitual da Orquestra Sinfónica de Londres.

En 1998 dirixiu  Porgy e  Bess durante a celebración do Centenario de  Gershwin e foi premiado co BBC Young  Musician. Gravou para numerosos selos discográficos. En 2004 recibiu un Doutoramento Honorario da Universidade de  Bournemouth e en 2010 converteuse en membro do  Royal  College  of  Music. En 2016 foi galardoado co Premio  Independence  Golden  Jubilee polo seu servizo excepcional no Reino Unido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial