займ срочно

X Conferencia internacional de Turismo relixioso e peregrinación

0

Compostela, 27 de xuño do 2018 –  Ata o 30 de xuño desenvolverase na Facultade de Xeografía e Historia da USC a X Conferencia internacional de Turismo relixioso e peregrinación, que reunirá na cidade preto dun cento de especialistas de todos os continentes. A inauguración ten lugar hoxe a partir das 15.30 horas no Paraninfo da Universidade.

Organizado polo Institute for Religious Tourism and Pilgrimage (IRTP), a revista International Journal of Religious Tourism and Pilgrimage e a USC, o director do comité organizativo local é o catedrático de Xeografía Humana da USC e membro do grupo de investigación ANTE (Análise Territorial) Xosé Santos. O obxectivo da conferencia é proporcionar coñecementos empíricos sobre a natureza cambiante da relixión na sociedade e fomentar o debate para considerar estes desafíos evolutivos no futuro desenvolvemento do turismo de fe e peregrinación.

Ao longo dos catro días do encontro sucederanse numerosas sesións paralelas de comunicacións acerca de diversas cuestións relacionadas coa temática. Ademais haberá catro conferencias principais, que pronunciarán o decano da facultade anfitrioa, Francisco Durán; a profesora da Universidade Wakayama e directora do seu Centro de Investigación en Turismo, Kumi Kato; o antropólogo Ian S. McIntosh PhD, da Indiana University-Purdue University Indianapolis; e a arqueóloga Myra Shackley, que foi profesora de xestión de recursos culturais na Nottingham Business School.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies