X Trofeo de Patinaxe Artística Concello de Ames

0

Ames, 9 de maio do 2019 – O Club de Patinaxe Artística Omega e o Club de Patinaxe  Sarela, en colaboración co Concello de Ames, organizan a décima edición do Trofeo de Patinaxe Artística EDM Concello de Ames.

Desde as dez da mañá de este sábado máis de 400 rapaces das escolas de patinaxe do Milladoiro, Bertamiráns, Barouta, Brión e La Salle competirán en este torneo. O programa incluirá unha gran variedade de actuacións, tanto grupais como por parellas e individuais, así como varias exhibicións encadradas en distintos niveis de dificultade. O evento contará tamén cunha exhibición da premiada patinadora amesá Nadia Iglesias.

No pavillón municipal de Bertamiráns mesturarase música, baile, coreografías, colorido e moita emoción, A programación comezará con trece actuacións grupais, que estarán divididas nos niveis iniciación, intermedio e avanzado. Os primeiros en actuar serán os cinco equipos do nivel inicial de Barouta, Brión, Milladoiro, e Bertamiráns. A continuación, ás 10.30h, será a quenda dos grupos de nivel intermedio do Milladoiro, La Salle, Bertamiráns e Barouta e, ás 11.00h, chegará o momento dos shows desempeñados polos patinadores/as do nivel avanzado das escolas deportivas de Bertamiráns, La Salle e Milladoiro. No total participarán un total de 13 grupos nesta primeira fase, na que cada equipo desenvolverá un show que xirará arredor da idea que da título ao espectáculo. Premendo no enlace dispoñible baixo a pestana de descargas desta nova poden consultarse a temática de cada unha das actuacións da competición.

A partir das 11.20h desenvolveranse as probas por parellas dos niveis 1 e 2, así como as actuacións individuais dos niveis 0, 1 e 2. A continuación, os/as patinadoras que participan no campeonato galego dos clubs CP Sarela e CPA Omega realizarán dúas exhibicións grupais  entre as 13.45 e as 13.55h. O show do CP Sarela levará como título “Agora que non estás”, e estará composto por 7 patinadoras do club, mentres que a actuación realizada polo CPA Omega, que contará con 10 patinadoras, titularase “1937, pinceladas de guerra”. A xornada matutina rematará arredor das 14.00h coa entrega de trofeos.

A sesión da tarde comezará ás 16:30 horas, e nela desenvolveranse as competicións individuais dos niveis do 3 ao 7. Ao longo da tarde, tamén haberá pequenos bloques de exhibición, nos que patinadoras e patinadores dos clubes organizadores amenizarán a competición. A patinadora Nadia Iglesias, que na actualidade pertence ao equipo Reus Deportiu, será a encargada de clausurar a xornada na última exhibición da tarde. A xornada rematará, ao igual que pola mañá, co desfile de participantes e coa entrega de trofeos.

O X Encontro de Patinaxe das Escolas deportivas foi organizado, de xeito conxunto, polo CPA Omega e o CP Sarela en colaboración co Concello de Ames. Coa celebración deste evento deportivo preténdese amosar á veciñanza o traballo do conxunto das Escolas deportivas municipais e o esforzo, a dedicación e a profesionalidade que poñen as cativas e cativos na práctica deste deporte. Cabe destacar que os niveis desta competición seguen un criterio de dificultade técnica, o que permite que as distintas categorías estean abertas a todos os/as participantes con independencia da idade. A entrada será libre e gratuíta para todas aquelas persoas que queiran asistir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial