X Xuntanza Cabalar  de Melide

0

Melide, 31 de maio do 2019 – A Asociación Cabaleiros do Bocelo celebra unha nova edición da Xuntanza Cabalar que a maiores dun xantar e cea de confraternindade tamén ten na súa programación unha ruta polos montes dos concellos de Melide e Toques.

O Concello de Melide colabora un ano máis na Xuntanza Cabalar que terá lugar este sábado. O lugar de encontro será o palacio de Congresos e Exposicións da vila onde os participantes compartirán un xantar para coller forzas, xa que ás 16h esta planificado que se inicie a ruta polo Monte Bocelo. Durante a ruta haberá varios puntos onde os cabaleiros poderán repoñer forzas.

Ás 22.30h da noite está prevista unha cea no Pazo de Congresos e Exposicións onde un dúo musical poñerá a banda sonora. O prezo do xantar e da cea é de 25 euros e os teléfonos de contactos para a inscrición son o 636 54 55 43 ou o 678 066 469.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial