Xade, xestora do Multiusos, outra pantasma do pasado para Compostela

0

Compostela, 12 de maio do 2018 – A empresa xestora do Multiusos, Xade, convértese nun novo conflito político que desvela os problemas dunha sociedade autorizada en tempos do bipartito.

A dimisión dos representantes do BNG, Rubén Cela, e do Psoe, Gonzalo Muiños, do Consello de Administración de Xade abriu a porta para que coñezamos a problemática dunha sociedade que presta servizo a milleiros de composteláns. Na rolda de prensa posterior a xunta de goberno de este venres, Noriega mostraba o seu enfado por estas dimisións e explicaba as dificultades de xestión do Multiusos. Comezaba por lembrar que a xestora é unha sociedade na que o concello só ten un 33%, unha situación herdada dos tempos do bipartito formado por Psoe e BNG

O alcalde mostrouse tamén sorprendido polas críticas do PP e lembrou que cando entraron no goberno as contas de Xade levaban desde o 2012 sen regularizar

Pero o principal problema que pode xurdir é que nos últimos anos déronse instrucións políticas para que as tarifas non se subiran, agora o concello podería ter que abonar esa diferenza nos prezos

Martiño Noriega lembra que os acordos tomados foron por consenso de tódalas forzas políticas e que grazas a iso déronse pasos para arranxar os problemas

Noriega mostrou o seu enfado polas actitudes dos outros grupos e dixo non entender que quen xerou os problemas por enriba queira votarlle a culpa a él

Para rematar o rexedor dubidou da legalidade de que os postos vacantes os ocupe o equipo de goberno xa que corresponden a Psoe e BNG según o acordo institucional

Veremos nas próximas si os postos son ocupados ou si o conflito en torno ao Multiusos segue dando sorpresas e sacando do caixón máis problemas herdados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial