Xan Martínez, representante sindical no concello de Padrón: “a rpt que nos propuxeron é unha auténtica chapuza”

0

Padrón, 6 de xullo do 2019 – As queixas dos traballadores do concello de Padrón pola subida de soldos do novo equipo de goberno e a punta dun iceberg que leva largo tempo agochado. Falamos con Xan Martínez, delegado da CIG no consistorio, para saber un pouco máis.

Xan Martínez leva máis de 20 anos no concello de Padrón. Coñece as dificultades laborais dos traballadores e sabe que non son algo do último ano. Levan toda a pasada lexislatura tentando chegar a acordos co grupo de goberno e non conseguiron unha reunión ata que levaron o conflito ante a inspección de traballo

O certo é que cando se formalizou a coalición entre o Partido Galeguista e o Partido Popular, que derivou na integración dos galeguistas no PP nas pasadas eleccións, a consecución dunha Relación de Postos de Traballo era unha das prioridades. Martínez explica que o que levaron á mesa de negociación era unha autentica chapuza e que a escusa era sempre a mesma: que non había cartos.

Os problemas teñen moitos motivos pero a realidade é que, mentres se contratan empresas privadas para realizar traballos, hai unha alarmante falta de persoal no concello

A todo isto sumouse a subida de soldos do novo equipo de goberno. Xan Martínez explica claramente as contas, unha baixa laboral pode supor para un traballador 200 euros menos dun soldo que non chega aos 900 euros e tan só a subida económica do alcalde é o dobre da cantidade necesaria para pagar os trienios pendentes

Unha vez constituía a corporación hai que gobernar pero en Padrón os traballadores non saben que pasará cos seus cartos e non descartan ter que tomar máis medidas se isto non se soluciona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial