Xavier Lama recolleu o I Premio Laudamuco de teatro

0

Brion, 23 de maio do 2019 – Xavier Lama recolleu o I Premio Laudamuco de teatro, otorgado polo concello de Brión, pola obra “Na miña alma ouvea un lobo”, que o autor define como unha “historia de amor e inmenso desamor”.

“Hai concellos que apoian certames de narrativa ou de poesía, pero son escasos os que apoian a escrita dramática. Por iso é de agradecer iniciativas como a do Concello de Brión e desexar que teña continuidade”,  con estas palabras Xavier Lama iniciaba o seu discurso tras recibir de mans do alcalde de Brión, José Luís García, o galardón da primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego.

O premio foi convocado polo Concello de Brión, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, para promover a creación de textos teatrais en galego e honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño. De feito, o día escollido para a súa entrega coincidiu coa estrea de “Laudamuco, señor de ningures”, a obra coa que o teatro galego iniciou a súa singradura cara ao profesionalismo o 16 de maio de 1978.

O alcalde de Brión, José Luís García, quen agradeceu a colaboración da Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, garantiu a continuidade do certame e lanzou un desafío: “que na próxima edición tamén se garanta a posta en escena da obra gañadora”

 A obra

Xavier Lama foi distinguido pola obra “Na miña alma ouvea un lobo”, “unha historia de amor e inmenso desamor. Está centrada nunha muller que viviu unha historia de decepción ao descubrir que o seu amor era falso, que conviviu catro anos cun axente da policía secreta co que tivo un fillo. Un enigma moi literalizable que parte dunha investigación sobre un caso real realizada en 2011 polo xornal The Guardian”. Un traballo polo que o escritor de Guntín levou un premio económico de 7.000 euros, unha figura en bronce de Xosé Vizoso que representa a súa visión de Laudamuco e o seu fiel criado Rouco e un dos exemplares editados por Edicións Positivas desta obra. Uns libros cos que tamén foron agasalladas todas as persoas que asistiron ao acto de entrega do premio, celebrado en Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial