займ срочно

Xente de Rois demanda mais transporte

0

 Solicitude dunha nova liña de transporte público en Rois co servizo baixo demanda

Rois, 3 de novembro do 2016 – Xente de Rois pedirá un acordo plenario, no próximo Pleno Ordinario do 7 de novembro, no que se recolla expresamente a solicitude por parte do concello de Rois da petición de adxudicación, o antes posible, dunha nova liña de transporte público co servizo baixo demanda, promovido pola Xunta de Galicia a principios de outubro.

Rois carece dunha rede de transporte público eficiente, unha carencia que, entre outras cousas e se non se dispón dun medio de locomoción privado, limita ou dificulta a unha grande parte da veciñanza, sobre todo ás persoas de máis idade, o acceso a un servizo básico como é o médico de familia, ou mesmo o acceso ao pediatra ás familias con fillos. Este problema ven dado, en parte, pola complexidade do patrón poboacional do concello, que como en moitas demarcacións de índole rural se caracteriza pola dispersión. Mais en Xente de Rois defenden que, con vontade política e planificación, esta deficiencia podía paliarse. E nesta liña a agrupación de electores incluíu no seu programa electoral das pasadas eleccións municipais a pretensión “facilitar o transporte interno no concello para acceder ao médico, bancos, mercado, paradas habituais dos autobuses…”.

Xente de Rois non ía tan errada nesta proposta, xa que, como anunciou a primeiros de outubro a Xunta de Galicia, vaise iniciar un plan para implantar o transporte público baixo demanda, seguindo o exemplo da comunidade de Castela e León. Segundo recoñece a propia Xunta de Galicia, e como xa apuntamos nós, a realidade do transporte público en Galicia é compleixa, e por iso é necesario acometer unha profunda transformación que teña en consideración dúas variables inherentes á sociedade galega: a dispersión e o envellecemento poboacional.

«A transformación e ordenación do transporte público en Galicia acometerase ao longo da nova lexislatura», afirmou a conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez. De feito, xa se licitou unha primeira fase do plan, dotada con 2,5 millóns de euros de presuposto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies