Xente de Rois presenta unha moción reclamando transparencia

0

Rois, 26 de decembro do 2016 (fonte Xente de Rois) – Xente de Rois presentou unha moción, que defenderá no próximo Pleno Ordinario de Rois o luns 2 de xaneiro, instando ao equipo de goberno ao cumprimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno,

Segundo esta lei os concellos teñen que facilitar publicamente información sobre contratos municipais, contas públicas, retribucións dos cargos e outras cuestións polo estilo. Esta lei esixe que esta información, ademais de estar dispoñible nas dependencias municipais, tamén o estea na web.

Pere Tobaruela, concelleiro de Xente de Rois, afirma que “preguntamos, por primeira vez no Pleno Ordinario de 7 de xullo de 2016, cando pensaba axustarse a esta lei o equipo de goberno de Rois. Pregunta que volvemos repetir, ante a dilación, no Pleno Ordinario de 9 de setembro de 2016 e no de 7 de novembro de 2016. Se fai ou non fai, a resposta sempre foi a mesma, “que se estaba niso”. Pero a realidade é ben diferente e a día de hoxe o noso concello está a incumprir a dita lei”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial