займ срочно

Xente de Rois preocupados pola construción do novo verquedoiro en Lousame

0

[columns]
[column size=”1/2″] O novo verquedorio afectará a aldeas de Rois[/column]
[column size=”1/2″]Fonte: Xente de Rois[/column]
[/columns]

Rois, 07/10/2016 – As últimas novas falan da creación dun Centro de Xestión Ambiental en Lousame, un macrovertedoiro de residuos industrais.

Esta infrastrutura vai afectar dunha maneira directa a algunhas aldeas de Rois, por exemplo Moares e O Barreiro, que están moi preto. A parroquia de Ermedelo xa está bastante deixada da man para que por riba teña que aturar un perigo medioambiental destas características. Como explica Noelia Dosil, coordinadora da Plataforma contra o Novo Verquedoiro de Residuos Industriais de Lousame, “na parcela na que se construiría o vertedoiro e nos seus arredores existen multitude de fontes. Existe un risco importante de contaminar as augas”.

Diante dun proxecto desta envergadura, desde Xente de Rois preguntamos: O concello de Rois informou sobre o asunto aos veciños da zona? Así as cousas, desde Xente de Rois amosamos a nosa preocupación e por iso imos difundir e informar os veciños sobre o asunto, e tamén apoiar, na medida das nosas posibilidades, á Plataforma contra o Novo Verquedoiro de Residuos Industriais de Lousame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies